Inauguración Peña Celtista "A Tapa Celeste"
Queda inaugurada oficialmente a Peña Celtista "A Tapa Celeste", nunha gran Festa con presencia de ex xogadores do Celta coma Sergio Álvarez e Xurxo Otero, Xogadores do Celta actual coma Javi Galán e Franco Cervi.
Tamen contou co presidente da Fundación Real Clube Celta, Germán Arteta e o presidente da Federación de Peñas José Méndez Castro e o Directivo do Real Clube Celta, Rodilla e o Periodista José Ribeiro de Radio Marca.
Os invitados e padriños posan para a foto
Comenzou a falar o Vicepresidente Manu Carreiro, explicando os inicios e fundación da Peña, explicando tamén o significado do Celtismo para eles e mostrando un vídeo dun peñista Arxentino para saber coma vívese o celtismo dende Holanda.
Fala agora o Presidente da Peña, Alberto Osorio, dando as grazas os todos os presentes e pedindo un recoñecemento os que xa non están, coma Padrón e Txetxu Rojo, recentemente finados.
Se fixo a entrega dos agasallos pertinentes por parte da Federación de Peñas y la Fundación tras unhas breves verbas de Germán Arteta e Pepe Castro.
Tamen Falaron Franco Cervi e Javi Galán agradecendo o apoio da afición e prometendo o compromiso dos xogadores de sair da situación deportiva actual.
Fixose a entrega de agasallos feitos en cerámica do escudo de "A Tapa Celeste" para todos os invitados, ex Xogadores, Federación de Peñas, Fundación, Xogadores e Xunta directiva.
Dando por rematado o acto, e inaugurada a peña Celtista.
Rodilla, directivo Celeste, Javi Galán e Franco Cervi posan cos Agasallos da Peña