Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

X ANIVERSARIO DA PEÑA ARDÀN CELESTE

Imagen
  No ano 2013, un grupo entusiasta de seareiros da zona de Ardan, no Concello de Marín, acordaron crear unha Peña Celtista, cuxo obxectivo e agrupar o celtismo da zona na Asociación, posto que no Concello limítrofe, Bueu, xa existe unha, e no propio Marín xa estaba outra Peña que lle da nome o capitán, Hugo Mallo. Foi precisamente Hugo Mallo acompañado de Óscar Mingueza os representantes da plántella no acto, con Pedro Posada, vicepresidente do Consello de Administración e Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo, os embaixadores do RC Celta, mentres, Pepe Méndez, presidente, representou a Federación de Peñas Celtistas. O fronte desta xunta directiva, un inquieto presidente, Manuel Pastoriza, ata este intre segue ocupando o cargo, acompañado de seus compañeiros, foron medrando día a día, ata a celebración fai cinco anos do seu V aniversario, chegando a dia de hoxe o seu X, que se celebrou na sede da Peña, Bar Garfil en Ardan. O acto deu comezo coas verbas de benvida do...

Inauguración Termas Celestes

Imagen
  Un 24 de marzo de 2017, un grupo de amigos, todos eles celtistas declarados, acordaron fundar unha Peña na cidade de As Burgas, e así, e como naceu a Peña Celtista Termas Celestes de Ourense. Unha vez realizado todos os tramites administrativos e inscrita na Federación de Peñas Celtistas, so quedaba súa inauguración, que, por unhas e outras razóns, incluída a pandemia, non se puido levar a cabo. Unha vez que todo volve a normalidade e despois de seis anos fundada, o mércores 30 de marzo de 2023, os compoñentes da Peña, por fin viviron o día mais grande, a inauguración. O acto acudiron, por parte do Consello de Administración do RC Celta, Primitivo Ferro e Vlado Gudelj, que segue sendo un reclamo para a afección, por parte dos xogadores, Iván Villar, que foi sorprendido por un fan de Xinzo de Limia, que se desprazou a cafetería Azteca, lugar do acto, para estar o lado de seu ídolo e Carles Pérez, que sorprendeu a todos os presentes pola súa cercania coa afección, e por parte da...