V Aniversario Peña Celta do Miño
No ano 2017, concretamente o 25 de xaneiro, segundo a acta fundacional, un grupo de seareiros do R.C. Celta en Salvaterra do Miño, acordaron fundar unha Peña Celtista, sendo Peña Celta do Miño, o nome elexido.
Na data 2 Outubro do 2017, foi inaugurada oficialmente a Peña, sendo os Xogadores Jozabed e Huljsager quen apadrinaron o acto, mentres que Pedro Posada e o representante institucional do clube, xunto con Germán Arteta, responsable da Fundación Celta, así coma o presidente da Federación de Peñas Celtistas, José Méndez, que oficializaron a inauguración.
Así o mércores 24 de Xaneiro do 2023 a Peña Celta do Miño con un ano de retraso pola pandemia, celebra o seu V aniversario, na sede da Peña en Salvaterra, Bocatería Tapería "O Mordisco".
O mesmo acto asisten por parte do Celta, os xogadores canteiráns, Gabri Veiga e Carlos Domínguez, con Rodilla en representación do Consello de administración e Germán Arteta, director da fundación Celta de Vigo e a Federación de Peñas Celtistas, co seu presidente, José Méndez.
O acto contou coa presenza do aboado número 2 do Celta, que dirixiu unhas verbas os presentes, igual que todos os convidados, comezando co presidente da Peña, a continuación o presidente da Federación de Peñas, Pepe Méndez, Germán Arteta, Rodilla e Gabri Veiga e Carlos Domínguez, que pecharon a Inauguración.
A partires deste intre a gran cantidade de celtistas presentes, sobre todo a rapazada, foron atendidos polos xogadores que asinaron autógrafos e sacaron fotos para inmortalizar o momento.