Inauguración Termas Celestes
Un 24 de marzo de 2017, un grupo de amigos, todos eles celtistas declarados, acordaron fundar unha Peña na cidade de As Burgas, e así, e como naceu a Peña Celtista Termas Celestes de Ourense.
Unha vez realizado todos os tramites administrativos e inscrita na Federación de Peñas Celtistas, so quedaba súa inauguración, que, por unhas e outras razóns, incluída a pandemia, non se puido levar a cabo.
Unha vez que todo volve a normalidade e despois de seis anos fundada, o mércores 30 de marzo de 2023, os compoñentes da Peña, por fin viviron o día mais grande, a inauguración.
O acto acudiron, por parte do Consello de Administración do RC Celta, Primitivo Ferro e Vlado Gudelj, que segue sendo un reclamo para a afección, por parte dos xogadores, Iván Villar, que foi sorprendido por un fan de Xinzo de Limia, que se desprazou a cafetería Azteca, lugar do acto, para estar o lado de seu ídolo e Carles Pérez, que sorprendeu a todos os presentes pola súa cercania coa afección, e por parte da Federación de Peñas Celtista, o presidente, José Méndez.
Iván Villar, Primitivo Ferro, Pepe Méndez, José Ramón Quintela, Vlado Gudelj e Carles Pérez.
Roberto Carlos, corresponsal do RC Celta da Radio Galega, actuou de padriño da cerimonia, dando a benvida os presentes, para pasar a continuación a verba a Manuel Rodríguez, directivo da Peña, que destacou a unha persoa, que foi o impulsor e promotor de crear a Peña, Manuel Justo Cao, e indicou os actos e actividades da Peña. Posteriormente, José Ramón Quintela, presidente da Peña, agradeceu a asistencia os presentes, no seu torno de palabra, para a continuación, Pepe Méndez, presidente da FDPC, agradecer a persoa que impulsou crear a Peña en Ourense capital, e os directivos que o apoiaron e continúan con dita labor, para que esta Peña siga medrando como demostra día a día, polo que unha vez rematado seu discurso, entregou unha placa conmemorativa do acto, cedéndolle a palabra a Primitivo Ferro, que dende o Consello de Administración da as grazas a todos os compoñentes da Peña polo seu apoio o equipo domingo tras domingo en Balaídos e nos desprazamentos que realizan durante a tempada, a vez de celebrar que sexa a primeira e única Peña en Ourense capital. Para rematar o acto, Vlado Gudelj, destacou o apoio da afección e sobre todo das Peñas, incluíndo a Termas Celestes, xa que con vos o Club e grande, e Iván Villar agradeceu a Peña o acto e que se sentía orgulloso de haber participado no mesmo. Carles Pérez non falou, xa que como dillo os presentes el e mais de asinar e fotografarse cos seareiros que son os verdadeiros protagonistas do evento.
Igualmente estiveron presentes, representantes de algunhas Peñas Celtistas, Lechuzas Celestes, Colectivo Nós, Ardan Celeste, Siareiros Dezaos, Lenda Celeste
E sen mais deuse por inaugurada a Peña Celtista Termas Celestes de Ourense.
Os convidados Iván Villar, Carles Pérez e Vlado Gudelj con parte dos asistentes o acto.