X ANIVERSARIO DA PEÑA ARDÀN CELESTE
No ano 2013, un grupo entusiasta de seareiros da zona de Ardan, no Concello de Marín, acordaron crear unha Peña Celtista, cuxo obxectivo e agrupar o celtismo da zona na Asociación, posto que no Concello limítrofe, Bueu, xa existe unha, e no propio Marín xa estaba outra Peña que lle da nome o capitán, Hugo Mallo.
Foi precisamente Hugo Mallo acompañado de Óscar Mingueza os representantes da plántella no acto, con Pedro Posada, vicepresidente do Consello de Administración e Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo, os embaixadores do RC Celta, mentres, Pepe Méndez, presidente, representou a Federación de Peñas Celtistas.
O fronte desta xunta directiva, un inquieto presidente, Manuel Pastoriza, ata este intre segue ocupando o cargo, acompañado de seus compañeiros, foron medrando día a día, ata a celebración fai cinco anos do seu V aniversario, chegando a dia de hoxe o seu X, que se celebrou na sede da Peña, Bar Garfil en Ardan.
O acto deu comezo coas verbas de benvida do presidente, Manuel Pastoriza, que indicou que a súa idea era que a Peña levará o nome de Hugo Mallo, natural de Marín, pero coma xa había unha, desistiron, polo que o lugar foi o nome elixido.
A continuación, Pepe Méndez, presidente da Federación de Peñas Celtistas, tomou a palabra para agradecer a Peña o traballo que realizan para o ben do celtismo e do RC Celta, sendo xa dez anos de apoio o Club e a FDPC, cando da impresión que foi onte o día da inauguración.
Pedro Posada, vicepresidente do RC Celta, explica os presentes a importancia da afección no Club, onde se comprobou na pandemia que a falta de seareiros, deu unha imaxe irreal de un partido de fútbol e os propios xogadores, sentíanse sos.
Hugo Mallo dirixíndose os presentes, en presenza de Germán Arteta, Pedro Posada, Pepe Méndez e Óscar Mingueza
Seguidamente, Germán Arteta, director da Fundación, comenta a importancia das Peñas e da propia Federación de Peñas Celtistas, que co convenio asinado entre ambos, pódense realizar estes actos que dan unha motivación mais o Club e os propios xogadores.
E como non podía ser de outra maneira, a quenda para Hugo Mallo, que as súas primeiras palabras son para a Peña do seu pobo, que estaba orgullosísimo de estar presente no acto.
E rematou Óscar Mingueza, que destacou a labor das Peñas, xa que de pequeno seu pai o levaba a ver os partidos do Barcelona a Peña do seu pobo, e que por ese motivo se sinte identificado coas mesmas e orgulloso de participar no presente acto.
Manuel Pastoriza entrega unha placa do acto a Pepe Méndez, presidente da FDPC.
Unha vez rematados os discursos, intercambiáronse agasallos do evento, tanto do RC Celta e FDPC coa Peña, e con un convidado especial, a Peña Barcelonista de Marín, co seu presidente o fronte, Salvador Cerviño, que, ademais ostenta o cargo de presidente da Federación de Peñas Barcelonistas de Galicia.