Tempada 1993-1994: Os comezos da FDPC Corrían os anos 90, cando o ditame dunha orde ministerial levou a os clubs de fútbol a converterse en Sociedades Anónimas Deportivas. Dende ese ano 1992, a estrutura dos clubs trocou de maneira evidente e, con ela , trocou tamén papel dos propios afeccionados. Xa non tiñan voz e voto nas Asembleas , coma antano , se non que se converteron en meros espectadores e aboados ; o control se deixa nas mans dos accionistas das novas Sociedades Anónimas Deportivas. Con este panorama, xurde a iniciativa, por parte dun grupo de representantes das Peñas Celtistas encabezado por José Méndez Castro, de fundar a Federación de Peñas do Real Club Celta SAD, que substitúa a coordinadora de Peñas, existente ata ese momento, e así dar oficialidade as Peñas dentro dun marco legal. A constitución desta Federación faise real o 28 de febreiro de 1993, nunha Asemblea xeral extraordinaria a que asisten os segu...
Cartaz coa información da viaxe a Madrid, partido: Atlético de Madrid-RC Celta (15/02/2025 - 18:30 horas), por se hai peñistas ou abonados interesados.